Reflexión: Como pode ser un docente innovador?

 
Baixo o meu punto de vista, non existe un único perfil de docente innovador. É preciso delimitar o concepto “innovar” antes de facer calquera valoración deste tipo. Innovar non é rachar sen motivo con todo o estipulado ou buscar a vangarda das prácticas docentes en todo momento. Innovar implica desfacerse do que é mellorable ou non funciona e mudalo por prácticas novidosas que melloren o proceso de ensino-aprendizaxe, sempre na procura da mellora continua. No campo das linguas os cambios semellan máis lentos e obsérvanse máis reticencias a mudar as metodoloxías. A introdución das TIC nas aulas e o aproveitamento dos novos avances e técnicas en no relativo á aprendizaxe de linguas é un bo punto de partida.

Comentarios