Reflexión: A experiencia do centro de estudos Padre Piquer

 

No centro Padre Piquer nace un proxecto de aulas cooperativas nas que a meta principal é favorecer a aprendizaxe cooperativa e a multitarefa, nun entorno moi heteroxéneo, no que a procedencia do alumnado e as súas características socioculturais e económicas son dunha ampla diversidade. O traballo en equipo é unha ferramenta indispensable do modelo educativo que se impulsa desde o centro, no que máis dun curso se xunta na mesma aula. Propíciase tamén un clima agradable entre o alumnado, no que a diversidade debe ser obxecto de máximo respecto. Os lazos entre docente e alumno tamén deben ser un elemento a ter en conta: os alumnos e alumnas só poden comezar a construír o seu proceso educativo se se senten valorados.

Comentarios