Reflexión: IES Miguel Catalán

O IES Miguel Catalán é un centro educativo ubicado no municipio de Coslada que conta cunha meta clara: a educación en valores e a transformación das prácticas educativas coa finalidade de aportar cambios sociais reais. O centro é pioneiro na posta en marcha de proxectos de innovación educativa orientados ás actividades de carácter social: colaboración con centros de maiores para a creación de cultivos ecolóxicos ou programas de colaboración coas bibliotecas de hospitais son algunhas das ideas que desde o centro se impulsan para facer efectiva a ensinanza en valores, un elemento transversal do currículo que adoita ser o grande esquecido na meirande parte dos centros educativos do noso país. Desde o centro vense os cambios na experiencia educativa como fontes de cambio na sociedade. O mundo está sufrindo enormes cambios, a velocidades que non teñen precedente, e a educación debe adaptarse a eses cambios parta converter aos alumnos e alumnas en futuros actores e protagonistas do cambio e non en simples entidades pasivas.

Comentarios