Reflexión: o modelo de cooperativas do colexio Verdemar


 

O colexio Verdemar de Santander propón un modelo de ensino baseado nas cooperativas educativas. O sistema consiste posta en marcha por parte do alumnado de pequenas cooperativas nas que, en base ás súas preferencias, deseñan artigos que poñerán posteriormente en produción e venda, ou ben ofrecen servizos. A recadación destes pequenos proxectos destinase a unha ONG da súa escolla.

 

O modelo resulta enormemente enriquecedor para o alumnado, que recibe unha extensa educación en valores. Ademais, o sistema do colexio Verdemar prepara ao alumnado para potenciais situacións da vida real, como a necesidade de non desistir cando un proxecto non resulta viable. É preciso facérmonos conscientes de que os fracasos e os erros só son unha fonte máis de aprendizaxe, o importante é ter vontade de continuar adiante e deseñar novas vías que nos permitan realizarnos como persoas.

Comentarios